Pint of Science en Vigo
A Dra. Sara Núñez-Sánchez participará como relatora invitada na Pint of Scicence de Vigo o 22 de maio falando sobre o “Desenvolvemento de tecnoloxías fotónicas sostibles inspiradas na Bioloxía Cuántica”.
Sara Núñez Sánchez (Universidade de Vigo/Universidade do Minho)
Fotosíntese: unha lección de física cuántica
A Bioloxía Cuántica busca explicar coma os organismos vivos empregan a física cuántica para funcións especiais como, por exemplo, a orientación das aves ou o transporte de enerxía na fotosíntese. Neste último caso, a enerxía absorbida polas moléculas que compoñen o complexo fotosintético transpórtase cunha eficiencia do 100% ao centro de reacción, onde ocorre a reacción química. Nesta charla, compartirei como podemos inspirarnos na física cuántica da fotosíntese para o desenvolvemento de tecnoloxías fotónicas e de captura de enerxía máis eficientes.